+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Rafael Louzán comprobou en Ponterareas a boa marcha das obras que a Administración provincial financia neste concello


A Deputación financia a creación dun parque urbano forestal en Guillade e a adecuación do contorno da fonte do Baratillo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou esta mañá, acompañado do rexedor local, Salvador González Solla, a localidade de Ponteareas, onde comprobou a boa marcha dalgunhas das actuacións que a Administración provincial executa neste concello.
Entre as actuacións actualmente en marcha figura a creación dun parque urbano forestal na zona de Guillade e a mellora do contorno da Fonte do Baratillo, coas que Concello e Deputación pretenden mellorar os espazos públicos deste municipio.
No caso do Parque Urbano Forestal, as obras actualmente en marcha suporán un investimento de 153.187,36 euros e permitirán a creación dun novo parque nunha parcela de titularidade municipal situada na rúa Trovador Xoan García de Guillade, que xa dispón dunha importante masa arbórea que a converte en ideal para acondicionala e destinala a uso e disfrute dos veciños e veciñas como área de esparexemento.
O obxectivo desta actuación é incrementar os espazos verdes do núcleo de Ponteareas que na actualidade só dispón do parque de As Pombas, para unha poboación de 12.000 habitantes que residen no núcleo urbano.
Baratillo
Así mesmo, Louzán comprobou a mellora que se está a realizar na Praza da Fonte do Baratillo, onde a Deputación inviste 49.256,10 euros.
Os traballos consisten no acondicionamento da praza e da fonte nela existente, que na actualidade se atopan nun notable estado de abandono.
A actuación incluirá a limpeza e restauración de todos os elementos existente na praza, a reconstrución dun muro de mampostería de granito silvestre a cara vista e a limpeza dos paramentos de granito da fonte.
Tamén se renovará a pavimentación da praza (en granito silvestre nunhas zonas e en lousas de granito abuxardado entre a fonte e o muro de contención) e se substituirán os peldaños de acceso á fonte, que se atopan moi deteriorados.
Así mesmo, instalaranse varandas de protección para garantir a seguridade ante o desnivel existente entre a rúa Doutor Fernández de la Vega e o espazo posterior á fonte; e un pasamáns de aceiro galvanizado na rampla de acceso desde a praza á antedita rúa.
Completarase coa reposición de servizos e a colocación de papeleiras e rótulo co nome da praza.
Con estes traballos avánzase na humanización do contorno do mercado municipal e da zona peonil comercial de Ponteareas e complétase a recuperación de fontes do núcleo urbano do concello, despois de que se realizase xa por parte do Concello a recuperación da Fonte da rúa de Abaixo e da Fonte da Fama ou dos Remedios, as dúas na N-120.
Así mesmo, o presidente da Deputación tamén visitou varias instalacións deportivas do concello, onde valorou a función destas infraestruturas na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas e, en especial, dos máis pequenos, facilitándolle a práctica do deporte e axudando á promoción de hábitos de vida saudables.

Deja un comentario