+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

Renovación da directiva do Club Ciclista Ponteareas



O Clube Ciclista Ponteareas marcou unha tempada por todo o grande, os rapaces das distintas categorías do clube estiberon situados nas primeras posicións das distintas categorías e modalidades, tales como carretera e btt

Agora toca afrontar unha nova etapa de renovación no Club Ciclista Ponteareas, que comezou o venres dia 21 coa elección da nova directiva da entidade, encabezada por Marcos Porto Isla coma Presidente, Vicepresidente Daniel Fernandez Estevez, Secretario Jose Luis Giraldez Novas, Tesoreiro Manuel Gregores Martinez e coma vocais Juan Manuel Posada Castro, Manuel Rodriguez Gil, David Alfonso Giraldez, Eladio Javier Gonzalez Seara, Miguel Angel Gandara Miguez, Santiago Fernandez Lopez e Manuel Fracisco Gil Dominguez.

Toda a nova Directiva está formada por país de nenos do Club, que se decidiron a dar un paso adiante para afrontar unha nova etapa no ciclismo pontareán, xa que entenden que o Club Ciclista Ponteareas e unha entidade cunha gran traxectoria e que debe estar no mais alto.

Asimesmo esta Directiva xa leva traballando arreo dende antes de entrar, traballando nas directrices a seguir nesta nova etapa e no reparto de funcións entre todos eles, asi como na contratación como Director Deportivo de unha persona que eles creen fundamental na mentalidade do Clube como é Jose Francisco Veiga Garcia, unha persoa que coida ao máximo o trato cos nenos e a sua ilusión polo ciclismo, persoa que na anterior tempada tamén foi entrenador do clube.

Manifestan que traballarán arreo para que na tempada 2016-2017 o Clube Ciclista Ponteareas comece unha nova etapa de transformación e renovación, sempre tendo en conta o benestar dos nenos que para todos eles son fundamentais, contando sempre oa axuda das nais e país. Agora comezarán una rolda de reunión coas dististas administracións, patrocinios e clubes da localidade, para chegar a bos entendementos e informalos do seu proxecto, e asi coa axuda mutua poder por o ciclismo pontareán no mais alto do listón.

En breve anunciarán os posibles fichajes para a seguinte tempada, asi como que esperan que a Escola de Ciclismo, co Adestrador Jose Francisco Veiga Garcia ao frente conte cada vez con mais nenos aos que lles ilusione o ciclismo e pásalo ben enriba dunha bicicleta, por iso facilitan os datos de contacto para que as nais e país que queiran que os seus fillos formen parte do clube se poidan por en contacto, no Telf: 639074154 e no email: clubciclistaponteareas@gmail.com.

Pero o que mais enorgullece a tódalas persoas que forman parte do Clube Ciclista Ponteareas e contar con un gran deportista nas suas filas como Borja Gomez Mendez, un rapaz que sabe gañar o cariño de todolos seus compañeiros e que xunto co seu pai Calis participou no comezo da Copa Galicia de Ciclocross, asi como un integrante cicloturista, incorporándose en breve a dita competición mais ciclistas do clube.

A Directiva agradece de anteman aos país e nais dos cativos do Club, e esperan estar a altura da tarefa que se lles encomenda. Animan a calquer persoa ou entidade a formar parte deste proxecto, que dende o minuto un, están a traballar por un novo camiño no que Clube Ciclista Ponteareas sexa un referente.

Deja un comentario