+034 986 09 02 04 Martes 22 de Maio de 2018

A concelleria de Educación inaugurou, xunto coa directora, profesores, ex directores, membros da ANPA e alumnos a nova Biblioteca do CEIP Cruz Budiño


O 24 de outubro, coincidindo co ‘Día Internacional das Bibliotecas’, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, inaugurou, xunto coa directora, profesores, membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA), ex directores e alumas e alumnos do CEIP Cruz Budiño, a nova biblioteca do centro.
A mesma é hoxe unha realidade logo de anos de demanda dos sucesivos equipos directivos do centro para que o colexio dispuxese dela. As rapazas e rapaces do Cruz Budiño poderán gozar dela, en principio, en todos os recreos e, nas vindeiras semanas, en horario de tarde, para achegarse ao mundo máxico dos contos, das historias, da imaxinación e do imposible que so se atopa nos libros.
Varias nenas e nenos participaron no acto lendo distintas poesías e, logo, os participantes no mesmo asinaron no libro de visitas que hai na nova dependencia do centro, no que pódense atopar obras de autores galegos, coma Carlos Casares, Manuel María ou a viguesa Ledicia Costas, e escritores universais, ademais de coleccións de aventuras ou de relatos.
Coa inauguración da Biblioteca o Concello cumpre con outro máis dos compromisos que adquirirá coa dirección a ANPA e os 114 alumnas e alumnos que estudan no Cruz Budiño, logo de rematar o valado do centro, o illamento das aulas de Educación Infantil, a reparación dos baños e a contratación dun bedel, unha demanda histórica do colexio.

Deja un comentario