+034 986 09 02 04 Luns 11 de Novembro de 2019

O Concello de Ribadumia realiza melloras en diferentes camiños municipais de acceso a explotacións agrarias con cargo o Plan Marco


O Concello de Ribadumia informa que ven de recibir unha axuda por parte de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pertencente á Consellería de Medio Rural, para a mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias. Con estas actuacións realizáronse meioras nos camiños da parroquia de Barrantes, a Lomba en Muiños Novos, Portela en Muiños Novos; na parroquia de Sisán, as Bouzas en Quintáns, Sobreiras En Tabueiros e Salgueiras No Barroso.

O importe da axuda percibida por parte do Concello para ditas actuacións é de 48526,00 €. Mentres que a inversión total alcanza os 58716,46€.

Todo isto para mellorar o trazado e pavimentación dos camiños secundarios, e así mellorar a súa seguridade.

Deja un comentario