+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

O Concello de Ponteareas contará cun detector de gases con bomba de aspiración externa para funcións de protección civil e emerxencias


O Concello de Ponteareas recibirá en cesión en propiedade en breves datas un detector de gases con bomba de aspiración externa, motorizada e acopable, grazas ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o Concello de Ponteareas, coa finalidade de utilidade pública e interese social e de xeito especial para funcións de protección civil e emerxencias.
O Goberno local manifesta a súa satisfacción pola vindeira sinatura deste convenio de cesión grazas ao cal os Servizos de Emerxencias de Ponteareas contarán cun novo instrumento que redundará en beneficio e na seguridade de todos os veciños.

Deja un comentario