+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

Asomamos presenta en Asemblea Xeral os seus orzamentos e plan de actividades para o ano que ven


Será o sábado 19 de novembro pola tarde no Pazo de Mos
A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, informa da celebración da súa Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o sábado 19 de novembro ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria no auditorio do Pazo de Mos.
A directiva da Asociación solicita a todos/as asociados/as a súa asistencia á Asemblea dada a importancia dos puntos a tratar, que serán: a lectura e aprobación da acta anterior, da memoria do exercizo 2015-2016, e do estudo de contas do devandito exercizo; así coma a ratificación dos acordos tomados pola Xunta Directiva no exercizo 2015-2016, revisión da conta anual, presentación e aprobación dos orzamentos e do plan de actividades para o exercizo 2016-2017, ratificación da actual composición da Xunta Directiva e rogos e preguntas.

Deja un comentario