+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

Presidencia firma a acta de conformidade da subvención para a construción da nova Casa Consistorial de Catoira


Estas obras permitiron executar o novo edificio do Concello e roldaron os 1,2 millóns de euros dos cales 625.000 foron aportados pola administración autonómica

O xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Ramón Pereiro, visitou esta mañá o concello de Catoira co obxectivo de firmar, xunto ao alcalde da localidade, Alberto García, a acta de conformidade correspondente a subvención para as obras de construción da casa consistorial do municipio vikingo, que en 2014 supuxeron unha anualidade de 66.300 euros.

O xefe territorial de Presidencia destacou a labor desenvolvida durante estes anos para a execución integral do edificio consistorial e supuxo un investimento total de 1,2 euros e que se foron executando en varias anualidades, cunha aportación por parte da administración autonómica total de 625.000 euros, o que supón o 52,10% do montante global.

As obras executadas permitiron a construción dunha edificación dividida en dúas zonas, unha con catro plantas e outra cun auditorio. O soto é común para as dúas partes que se comunican tamén na planta baixa mediante vestíbulo que da acceso tanto ao auditorio como ao resto dos usos culturais da nova casa consistorial. Deste xeito, o novo edificio ocupou un solar de 3.769 metros cadrados, con forma poligonal a súa construción é respectuosa co medio ambiente a través do uso de materiais que minimizan os impactos acústicos e de contaminación atmosférica.

O alcalde da localidade agradeceu a colaboración da Xunta, e en concreto, da Consellería de Presidencia, neste proxecto de execución da nova casa consistorial.

Deja un comentario