+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Os alumnos dos centros Asprodico de Ponteareas e Cogami de Mos gozaron dunha xornada de convivencia


Co gallo da apertura do Centro de Recursos de Persoas con Discapacidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) os alumnos de Asprodico foron convidados a coñecer as súas instalacións
A xornada de convivencia foi unha iniciativa do agrado das alumnas e alumnos de ambos os centros de Ponteareas e Mos. Comezou ás 10.30 horas e alongouse até as 16.00 horas. Puideron coñecerse mediante dinámicas de grupo, compartiron almorzo e xantar, mais a diversión chegou da man das actividades de lecer como un taller de elaboración de coreografías ou un karaoke.
“A resposta a esta actividade por parte do alumnado danos azos para seguir nesta senda, agradecemos o convite de COGAMI e esperamos devolvela cunha futura actividade conxunta en Ponteareas”, manifesta a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

Deja un comentario