+034 986 09 02 04 Sábado 19 de Setembro de 2020

A Deputación de Pontevedra destinou nos últimos cinco anos 64,6 millóns a Plans de Emprego


No presuposto hoxe aprobado para este ano adícanse 7 millóns a plans de emprego

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe inicialmente os seus presupostos para o vindeiro ano cifrados en 148,4 millóns €, un 1,34% máis que o ano pasado.
O vicepresidente económico, José Manuel Figueroa, destacou que neles se destinan 7 millóns a plans de emprego e suliñou que, nos últimos cinco anos, a Deputación de Pontevedra destinou 64,6 millóns € a plans de emprego que ocuparon a 8.304 personas , dixo.
Destacou tamén que a amortización da débeda este año é de 13 millóns e afirmou que, a finais do 2015, a institución pontevedresa terá unha débeda de 40 millóns cando no 2009 a cifra acadaba os 100. , asegurou.
As contas de Deputación Provincial destinan 15 millóns a Acción Social _, afirmou_ e cuantías moi importantes para cultura, deportes e turismo.
Cero nenos en 2009 e 9.000 en 2014 nas Escolas Deportivas
En Deportes, Figueroa indicou que . No sector do turismo, destacou as inversións para fomentar a calidade, desenvolver proxectos como o Smart Destino Rías Baixas e o Proxecto Pousadas que permitirá acceder a un novo nicho de mercado de 2,5 millóns de personas pois os catro establecementos son totalmente accesibles.
José Manuel Figueroa asegurou que, á marxe dos ingresos corrientes da Deputación, a boa xestión levada a cabo posibilitou que, nos últimos cinco anos, ingresara 72 millóns € procedentes de fondos europeos para desenvolver diferentes proxectos en toda a provincia.
Nesta liña, fixo fincapé en accións destinadas ao agrupamento de servizos municipais para incrementar o aforro e a boa xestión deles como o consorcio de recollida do lixo, a canceira provincial, o ORAL e outros servizos mancomunados.
Inversión en concellos e Balaídos
Nas contas provinciais, a cantidade destinada a inversión directa nos concellos será de 27,1 millóns de euros que, sumados ás transferencias de capital destinadas a investimentos, ascenden a cifra final aos 34,1 millóns.
Finalmente, Figueroa asegurou que a partida hoxe aprobada para o novo estadio de Balaídos en Vigo (3,4 millóns €) fai que a Deputación de Pontevedra teña xa consignados para esta finalidade un total de 4,7 millóns €: 1,3 millóns aprobados nunha modificación de créditos fai 15 días e os 3,4 aprobados hoxe.

Deja un comentario