+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

A Xunta remata as obras de reparación dun colector de pluviais situado no concello de Bueu, na estrada PO-315


Nesta actuación colocouse un colector de drenaxe nun treito de 81 metros situado á saída desta localidade pontevedresa en sentido Beluso, para o que, previamente, se demoleu a beiravía, que se repuxo tras a instalación do colector

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, ven de rematar as obras de reparación de colector de pluviais, situado na estrada PO-315 (Bueu-Cangas) ao seu paso polo Concello de Bueu. Esta acción contou cun investimento de case 20.000 euros e foi adxudicada á empresa Construccións Obras e Viais, S.A. (COVSA).

As actuacións, que levou acabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), afectan ao tramo entre os puntos quilométricos 2+080 e o 2+150, tiveron por obxecto a colocación dun colector de drenaxe nun treito de 81 metros situado á saída desta localidade pontevedresa en sentido Beluso, para o que, previamente, demoleuse a beiravía, que se repuxo tras a instalación do colector.

Neste tramo executouse, no seu día, unha beiravía sen sistema de recollida das augas de drenaxe, polo que estas invadían a calzada con frecuencia, problema que, nas actualidade, quedou arranxado.

Deja un comentario