+034 986 09 02 04 Sábado 22 de Setembro de 2018

A Coral Ventos do Val organiza o Concerto de Santa Cecilia 2016


Será o domingo 20 de novembro ás 18.00 horas no Multiusos das Pozas
A Coral Ventos do Val de Petelos organiza a XVI edición do seu Concerto de Santa Cecilia, patrona da música. Este evento musical está concebido como un xeito de achegar o canto coral polifónico tanto aos seus amantes coma aos interesados en coñecelo máis a fondo.
O concerto celebrarase o vindeiro domingo, día 20 de novembro, ás 18.00 horas no auditorio do centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos. Dado que Ventos do Val é unha entidade sen ánimo de lucro, a entrada será libre e de balde para todo o público que desexe asistir.
Ademais da Coral Ventos do Val, actuará como colaboradora a Banda de Música Xuvenil de Torroso, que soe dar concertos conxuntos coa coral de Petelos con motivo do Día das Letras Galegas e Santa Cecilia. Ambas agrupacións ofrecerán o domingo varias pezas conxuntas, coa participación e compañía tamén neste acto da Coral Polifónica Acordes de Bueu, cun repertorio variado de cancións.
Ventos do Val interpretará o vindeiro día 20 dende cantigas populares galegas, ata habaneras, xotas, boleros e zarzuelas pechando un ciclo de concertos e intercambios culturais coma os realizados con outras corais de Asturias, Cantabria (Santander) e de participación en Misas Maiores nas distintas parroquias do Concello de Mos.
Os obxectivos e ilusións inmediatos da coral de Petelos son mellorar o seu repertorio e conveniar con agrupacións corais doutros municipios todo tipo de intercambios que enriquezan culturalmente a ámbalas dúas partes, levando sempre a música por bandeira.

Deja un comentario