+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O CPAE oferta 35 novos obradoiros de capacitación tecnolóxica para autónomos e microempresas


As actividades son totalmente gratuítas e teñen como finalidade contribuír á mellora da competitividade e á modernización do tecido empresarial da provincia

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial en novas tecnoloxías (CPAE 2.0) ten programados un total de 35 obradoiros de capacitación tecnolóxica para o mes de decembro. Estes obradoiros, que teñen como finalidade facilitarlle aos autónomos e pequenos empresarios da provincia, formación no manexo das novas tecnoloxías aplicadas aos negocios, desenvolveranse nos 6 centros que integran a rede CPAE e que están abertos ao público en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.
As xornadas formativas, de carácter marcadamente práctico, terán lugar nas aulas habilitadas a carón dos despachos de asesoramento en cada un dous seis puntos e estarán centradas no márketing en liña, para favorecer o aumento das vendas de autónomos e pequenas empresas; nas aplicacións empresariais esenciais para pemes e profesionais autónomos; na utilización das redes sociais para a venda e a atención aos clientes; na mellora da presenza online das empresas; no manexo de aplicacións e ferramentas básicas como o correo electrónico, Google ou Google apps for Work; no comercio electrónico para micropemes e nas aplicacións móbiles, recursos e ferramentas existentes e de utilidade para as micropemes, entre outros.
Outros servizos
Ademais das xornadas e obradoiros de capacitación tecnolóxica, o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) inclúe asesoramento personalizado dirixido aos máis de 64.000 autónomos e microempresas da provincia e unha ampla rede de servizos orientada a mellorar a competitividade do tecido empresarial e á súa modernización, por medio da xeralización do uso das novas tecnoloxías.
Os puntos CPAE 2.0 están atendidos por asesores TIC especializados que ofrecen servizos de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC; procesos de titorización na incorporación das Novas Tecnoloxías; demostración de produtos e solucións TIC; acompañamento para o uso do comercio electrónico e un servizo de busca de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.
Calendario de actividades do mes de decembro
CPAE 2.0 Cambados
• 2 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 4 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
• 9 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Aplicacións móbiles para as micropemes
• 11 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 16 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
• 18 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
CPAE 2.0 Lalín
• 3 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 4 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
• 9 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 13 de decembro de 11:00 a 13:00 horas
Redes sociais primeiros casos
• 16 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com

CPAE 2.0 O Porriño
• 4 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 5 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
• 10 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
• 11 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 16 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
• 17 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
CPAE 2.0 Ponteareas
• 2 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 4 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Comercio electrónico para micropemes
• 10 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 12 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Como empregar eficientemente Google e Google apps for Work
• 15 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Comercio electrónico para micropemes
• 17 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
CPAE 2.0 Pontevedra
• 4 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 5 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Como empregar eficientemente Google e Google apps for Work
• 9 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 11 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Redes sociais primeiros pasos
• 16 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 18 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Presenza online: Iniciación ó márketing dixital
CPAE 2.0 Vigo
• 3 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 4 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Aplicacións empresariais esenciais
• 10 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
• 12 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
Aplicacións empresariais esenciais
• 16 de decembro de 13:00 a 15:00 horas
Aplicacións empresariais esenciais
• 18 de decembro de 19:00 a 21:00 horas
O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com

Deja un comentario