+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

O alcalde visita e felicita ao equipo Prebenxamín A da SCD Ponte Caldelas tras quedar invictos na súa competición


Recoñecemento ao excelente traballo coa canteira do equipo local

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, estivo cos rapaces do equipo Prebenxamín A da Sociedade Cultural e Deportiva Ponte Caldelas, que veñen de rematar a primeira fase da súa competición ocupando a primeira praza da clasificación e quedando invictos.
Trátase da primeira vez que un equipo Prebenxamín da SCD Ponte Caldelas acada este resultado, polo que os xogadores, con idades de 6 e 7 anos, recibiron un trofeo e a visita do alcalde recoñecendo o excelente traballo coa canteira do equipo local .
A partir de agora, o equipo cruzarase nunha segunda fase cos primeiros clasificados de todos os grupos provinciais e así ata concluír co campión galego. Andrés Díaz desexoulles moita sorte nestas novas etapas da temporada.
Os resultados do Prebenxamín A únense aos que está a acadar tamén o Alevín A e o equipo Xuvenil da SCD, que ocupan postos destacados. Confírmase así o bo traballo coa canteira que está a realizar o equipo caldelán.

Deja un comentario