+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

A Consellería do Mar inviste máis de 38.000 euros na mellora da seguridade viaria do peirao do Grove


Portos de Galicia vén de executar a pavimentación da zona próxima á terminal de pasaxeiros e de construír un tramo de beirarrúa
A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de acometer melloras por importe de máis de 38.000 euros no porto do municipio pontevedrés do Grove. En concreto, rematáronse dúas actuacións de mellora da seguridade viaria e peonil na contorna do peirao.

Así, finalizouse recentemente a pavimentación dunha superficie deteriorada na zona preto da terminal de pasaxeiros no porto pesqueiro. Trátase dunha explanada de máis de 1.000 metros cadrados que presentaba deficiencias no pavimento. Para a súa reparación aplicouse un novo firme de 20 centímetros e formigón lixeiramente armado.

Ademais executouse a construción dun tramo de beirarrúa na contorna do xardín da casa da terceira idade. Ata o de agora os peóns tiñan que invadir a calzada para continuar o seu tránsito e con esta actuación mellórase a súa seguridade e dáse resposta a unha demanda da cidadanía. Con estas actuacións a Consellería do Mar avanza na integración entre o porto do Grove e a propia vila.

Deja un comentario