+034 986 09 02 04 Martes 17 de Xullo de 2018

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Arbo


 

Dende o día 22 ao 25 de Novembro o Concello de Arbo vai realizar unha serie de actuacións dentro do programa Quedas?Quedada! encamiñadas a concienciar sobre esta lacra social. Haberá mesas informativas en distintos puntos do núcleo urbano de Arbo: mercado, biblioteca, centro de saúde ….; así como talleres de prevención e igualdade en todos os cursos do colexio de Arbo. Rematarase o día 25 cun acto solidario na praza do Concello ás 12 h da mañá, onde celebrarase unha concentración e unha declaración institucional como repulsa a Violencia de Xénero, lembrando ás vítimas ata este momento. Convocase a toda a cidadanía a participar nestes actos.

Deja un comentario