+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Jacobo Moreira empraza ao Alcalde a unha reunión para abordar o Orzamento


“A día de hoxe, o documento presentado non cumpre cos requisitos para que lle poidamos dar o noso apoio, é preciso dialogar”

A través dunha carta que remitiu este mesmo mércores, o portavoz popular, Jacobo Moreira, empraza ao Alcalde a manter unha reunión na que “buscar puntos de encontro que permitan sacar adiante o Orzamento municipal para o vindeiro ano 2017”.

“A día de hoxe, o borrador do documento non cumpre cos requisitos necesarios para que lle poidamos dar o noso apoio”, recoñeceu o portavoz dos populares, “pero temos claro que Pontevedra precisa un Orzamento que lle permita afrontar os retos que lle esperan no vindeiro ano”, engadiu.
“Lores non acadou a maioría suficiente para tomar decisións en solitario, polo que é necesario que fale cos demais grupos municipais. Seguindo esta liña, queremos sentarnos e dialogar, para ver se hai posibilidades de entendemento”, sinalou Jacobo Moreira. “Outros grupos municipais renunciaron xa á negociación, nós seguiremos intentándoo, pois o noso obxectivo é lograr modificar o documento a través do diálogo para que este sexa útil para Pontevedra”, manifestou Jacobo Moreira en declaracións aos medios, “non imos renunciar ao noso obxectivo”.
No encontro, o portavoz dos populares poñerá enriba da mesa a rebaixa impositiva, “hai marxe para facelo, non queremos que se recade máis do que se vai gastar”, puntualizou; e a devolución dos cartos do Timo do Alcantarillado aos veciños. “Non se trata de liñas vermellas”, reiterou Jacobo Moreira, “senón de temas que consideramos importantes para os pontevedreses”.

Deja un comentario