+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

Actuación de ‘Lembranzas Moañeas’ dentro da programación ‘Outono Cultural’ do concello do Porriño


O grupo de música tradicional e folclórica Lembranzas Moañesas ofrecerá o vindeiro venres, día 2 de decembro- 7 e media da tarde no Centro Cultural Municipal- unha actuación dentro do Programa Outono Cultural do Concello do Porriño.
Este conxunto, que ten un amplo repertorio de cancións mariñeiras, boleros e habaneiras, ofrecerá parte do mesmo e dos seus últimos traballos, ‘Ou Merlo’ e ‘Sarima’.
Lembranzas Moañesas formouse hai xa nove anos na Parroquia de Tirán. Está composto por dez voces de homes, que cantan acompañados polo son de catro guitarras, dúas bandurras e unhas congas, que cadran perfectamente, ademais de co seu catálogo habitual de cancións, cos pasodobres e a música folk galega.

Deja un comentario