+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

Dous cursos de Política Social en Lalín e Cuntis preparan 40 persoas para elaborar e envasar conservas vexetais


Adquiriron coñecementos teóricos e prácticos sobre como aproveitar os excedentes da horta e cales son as súas posibilidades de comercialización

 

Un total de 40 persoas, participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 –co-financiada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo- rematou hoxe, nos concellos pontevedreses de Lalín e de Cuntis, senllos cursos de preparación, elaboración e envasado de conservas.

Cada un dos cursos, organizados (ambos) polo equipo de Inclusión Sociolaboral en Lalín do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Política Social, contaron cunha participación de 20 persoas.

O primeiro deles, o de Cuntis, que foi impartido na Casa do Médico desa localidade, comezou o pasado 15 de novembro, mentres que o segundo –na Casa da Xuventude de Lalín-, o fixo o 22 de novembro. Os dous tiñan como finalidade favorecer a situación dos participantes proporcionándolles os coñecementos teóricos e prácticos para que saiban aproveitar os excedentes vexetais da horta e que, ao tempo, valoren as súas posibilidades de comercialización.

Estas dúas accións de formación ocupacional inclúense nos itinerarios de inserción sociolaboral que preparan os equipos de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para os participantes na Estratexia Social de Galicia 2014-2020.

Deja un comentario