+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018

A Xunta colabora coa Asociación Esperanza Salnés para a atención terapéutica de nenos con discapacidade


O vicepresidente asina un convenio con esta entidade que presta asistencia diaria a nenos e mozos de toda a comarca do Salnés

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou un convenio de colaboración coa Asociación Esperanza Salnés para o desenvolvemento de actividades de Atención Terapéutica de Nenos con discapacidade física ou intelectual.

En total, en virtude do acordo asinado, a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dotará con 15.000 euros a esta asociación, que ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida dos nenos e mozos de entre 2 e 18 anos que padezan algunha discapacidade física, intelectual, sensorial, parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, incidindo especialmente no eido asistencial e favorecendo a súa integración familiar, social e laboral.

A Asociación Esperanza Salnés conta cunha unidade de atención no concello de Cambados que presta asistencia diaria a nenos e mozos de toda a comarca do Salnés, levando a cabo actividades que melloran a súa calidade de vida.

Deja un comentario