+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

A Xunta destaca en Redondela a innovación e as novas tecnoloxías como claves para reforzar o comercio de proximidade


A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou no Taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica organizado pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria

 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe en Redondela a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para impulsar a competitividade do comercio de proximidade. Neste sentido, Vázquez Abeal, que participou no Taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica organizado pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sinalou a aposta da Xunta polo establecemento do smart commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa ao cliente no centro da súa estratexia.

Neste ámbito, tal e como apuntou a directora xeral, céntrase o segundo dos retos do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Así, apóstase por incrementar a innovación no sector como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando as vendas en internet e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación.

O obxectivo dos talleres de emprendemento e creatividade tecnolóxica, que se están a desenvolver nas catro provincias galegas, é fomentar o coñecemento do novo perfil do consumidor, así como as canles de pago e procesos dixitais e distintas experiencias que amosen fórmulas comerciais exitosas.

Trátase de transmitir información e exemplos de aptitudes e competencias que permitan ao comercio galego responder efectivamente aos desafíos, problemas, oportunidades e cambios que afronta, e achegar medios para que o sector logre a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promoción e venda, pago, distribución, fidelización e coñecemento do consumidor.

Así, na xornada interviron, ademais da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, José Luis Vilanova, da empresa Vilanova Peña, unha inspectora de Consumo e un especialista en medios de pago. A presentación do taller correu a cargo da presidenta da Federación de Comercio de Baixo Miño e provincia de Pontevedra (FEBAM), Carmen María García Braga, e do presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Enrique Lago.

Deja un comentario