+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

O alumnado do IES de Ponte Caldelas organiza un magosto solidario e doa a recadación de alimentos aos Servizos Sociais


O alumnado do Instituto de Educación Secundaria de Ponte Caldelas organizou estes días un magosto solidario, no que se recolleron alimentos non perecedoiros paras as persoas en situación de dificultade económica. O obxecto desta acción é concienciar á xente máis moza da necesidade de solidariedade coas persoas e familias máis vulnerables que viven na nosa comunidade.
Se recolleron catro caixas de alimentos (legumes, arroz, galletas, zucre, etcétera) que se repartirán polos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos, ámbito de orixe do alumnado do centro educativo. A metade foi para o Concello de Ponte Caldelas, onde os alimentos son destinados ás familias que acoden aos Servizos Sociais municipais.
Unha acción educativa desenvolvida polo equipo docente do IES coa intención de despertar a conciencia social das persoas máis mozas para coas persoas do seu redor que están en situación de dificultade, a importancia de recuperar o que sempre se fixo en Galicia, como é axudarnos entre todos.

Deja un comentario