+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

O Parlamento de Galicia aproba unha iniciativa para desbloquear a saída sur ferroviaria de Vigo e quitar o tren do centro de O Porriño


A Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei, presentada polo deputado socialista Abel Losada, para desbloquear a saída sur ferroviaria de Vigo e desprazar o tren do centro de O Porriño. Este proxecto permitiría conectar toda a franxa atlántica cunha liña ferroviaria de altas prestacións conectada coa Meseta a través de Cerdedo.
Este cambio, segundo Losada, permitiría así absorber todo o tráfico ferroviario de Oporto e “corrixir a anomalía da conformación da rede de Alta Velociadade (AVE) de Galicia”.
O deputado, que hai uns días mantivo unha xuntanza coa alcaldesa, Eva García de la Torre, considera “inexplicable” que para viaxar ao sur “ao maior núcleo demográfico de Galicia ten que viaxar 100 quilómetros ao norte, o que prexudica notablemente á poboación de Portugal”, aos 600.000 veciños e veciñas de Vigo e por extensión a toda a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Deja un comentario