+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

O Porriño coordinará proxectos europeos de formación dos que se beneficiarán estudantes da vila, de Ponteareas, Tomiño e Salceda de Caselas


O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsará, dende principios de 2017, xunto cos concellos de Ponteareas, Tomiño e Salceda, e liderado por Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, a creación dunha rede de centros educativos a nivel da Unión Europea, que ten coma obxectivo impulsar o concepto de emprendimento entre os profesores e alumnos de distintos cursos, optando a fondos europeos para poder levar adiante os seus obxectivos.
O primeiro deles, tal e coma se perfilou este venres nunha xuntanza á que asistiron representantes de Educación dos catro concellos, xunto co alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, no eido europeo, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación e a mobilidade de profesores e estudantes.

Deja un comentario