
Trátase da mostra artesanal en movemento máis grande de Galicia que recrea todo tipo de motivos do Nadal, pero tamén aspectos relacionados coa actividade e a actualidade
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do Belén Artesanal en Movemento de Valga, a mostra artesanal en movemento máis grande de Galicia.
Este Belén, recrea todo tipo de motivos do Nadal, pero tamén aspectos relacionados coa actividade e a actualidade en Valga e en toda España a través das costumes e oficios representados por personaxes coñecidos da vila, persoeiros famosos e ilustres.
Unha das composicións do Nadal máis espectaculares da nosa comunidade, tanto polas súas dimensións como polas súas figuras talladas a man que obtivo no 2013 a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, sendo o primeiro en acadar esta distinción e compartindo na actualidade unicamente este recoñecemento co Belén Electrónico de Begonte.
Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia sinalou que este Belén é un dos acontecementos sociais e culturais máis importantes e esperados do ano, e non só para os veciños de Valga, senón tamén para miles de persoas que se trasladan desde diferentes puntos de Galicia a admirar de preto as figuras talladas a man. Neste senso, Nava Castro afirmou que “constitúe un dos grandes reclamos da nosa comunidade como destino turístico no Nadal”.
Así mesmo, salientou a súa importancia como recurso turístico que outorga un valor engadido á visita do destino Galicia nestas festas e que atrae numerosos turistas que aproveitan para coñecer outros grandes atractivos da vila na que se encontra.
Tradición belenística
Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta fixo referencia a algunhas das numerosas mostras que atesoura a nosa comunidade diseminadas polas catro provincias como o Belén da Catedral de Santiago, o belén da Grande Obra de Atocha na cidade herculina, o belén do Liceo en Betanzos, o belén da Orde Terceira en Ferrol, o belén de Viveiro ou o belén do escultor Arturo Baltar en Ourense, entre outras
Nava Castro afirmou que estas manifestacións culturais tan enraizadas nos costumes dos pobos e as vilas de Galicia constitúen un dos grandes atractivos da nosa comunidade e nos diferencian como destino convertendo a visita dos viaxeiros nunha experiencia única.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.