+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

O concello de Bueu organiza un Obradoiro de Larpeiradas para compartir entre xeracións


O Concello de Bueu abre hoxe o prazo de inscrición para a actividade “Larpeiradas da terra” enmarcado dentro do programa “Tecendo lazos” da Deputación Provincial de Pontevedra. Nesta actividade nais e pais, avós e avoas e nenas e nenos prepararán deliciosos prazos xuntos e ao mesmo tempo divertiranse probando a ser xefes e xefas de cociña da familia. A actividade desenvolverase os días 22,23 e 26 de decembro en horario de 11 a 13 horas, e os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de 10.30 a 13.00 horas, no 1º andar da Praza de Abastos.
A actividade terá un custe de 3 euros, destinado a mercar o material para elaborar os doces e haberá que realizar unha inscrición previa no Departamento de Benestar Social. As nenas e nenos menores de 13 anos deberán acudir acompañados dun adulto.
O programa “Tecendo lazos”, posto en marcha por primeira vez desde a Deputación de Pontevedra, ten como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizace e o intercambio recíproco de recursos, ideas e beneficios individuais, familiares e comunitarios que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Deja un comentario