+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

“Auga e natureza, espazos de convivencia” o proxecto sobre patrimonio que o Concello de Ribadumia presentou en Culturgal 2016


O concello de Ribadumia informa que no día de onte a Concelleira de Cultura de Ribadumia presentou en Cultugal 2016 o proxecto “Auga e natureza, espazos de convivencia”.

No espazo que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos Concellos da Provincia para que tivesen un punto de visibilización dentro da feira, tiveron lugar diferentes micropresentacións entre aqueles que os solicitaron como foi o noso caso.
O Concello de Ribadumia aproveitou os seus minutos para presentar o proxecto “Auga e natureza, espazos de convivencia”, o cal con motivo do 2017 Ano do Patrimonio, busca a conservación e posta en valor do patrimonio, a promoción a través de visitas guiadas do mesmo e a recompilación de elementos etnográficos como as cancións e cantigas.
Este proxecto que irá vendo a luz durante o ano 2017, buscará a exaltación do patrimonio material e a recuperación de moito do noso patrimonio inmaterial.
Así as visitas guiadas serán organizadas a través das Oficinas de Turismo do Concello de Ribadumia, e percorrerán dende os Muíños do Batán, percorrendo uns 7 km polo marxe do Río Umia, ata o seu remate na rotonda da Vía Rápida do Salnés. Nestes paseos poderanse visitar contornas como muíños, Praia fluvial de Cabanelas, atravesaremos viñedos de albariño, veremos o Pazo de Barrantes e o seu magnífico entorno, e poderemos visitar un dos muíños de Barrantes ademais de presenciar como se facía a moenda tradicional. Así terán preferencia para estas actividades os grupos escolares.
Outra parte deste proxecto será a Exposición fotográfica, onde os veciños poden aportar fotos de esceas relacionadas coas actividades entorno a moenda, a recollida de auga nas fontes ou a lavar a roupa no río.
Xunto as imaxes estará a recompilación do folclore popular para salvagardar a tradición oral e que non se perda para poder desfrútalo agora e no futuro.
O colofón deste proxecto será dar a coñecer o resultado desta iniciativa nun acto que mesturaría a visita á exposición, co visionado dunha presentación en vídeo, teatro e interpretación de cantares populares.
O Concello de Ribadumia quere así poñer en valor toda a súa riqueza arquitectónica e cultural, e ter presente a súa tradición entorno a un elemento esencial como é a auga.

Deja un comentario