+034 986 09 02 04 Venres 21 de Febreiro de 2020

Mondariz deseña un amplo e variado programa de Nadal


O Concello de Mondariz ten en marcha, dende comezos do mes de decembro, un programa de Nadal “amplo, variado e apto para todas as idades” aínda que, como é de supoñer, dando un especial protagonismo ás actividades para os máis cativos que son, den dúbida, os que máis gozan destas festas.

Teatro, campamentos, obradoiros, música, festivais e actividades deportivas, forman parte do programa que se desenvolverá ata a primeira semana do 2017.

Así, o sábado 10 de decembro, entre as 17 h e as 20 h, a Biblioteca Municipal de Mondariz acolleu un Obradoiro de Nadal para nenos e nenas, actividade que sempre é ben acollida entre os máis pequenos da casa.

O domingo 11 de decembro, foi a quenda do Teatro coa posta en escena da obra ‘A Taberna’. Será ás 17:30 horas no Auditorio Municipal.

Xa o venres 16 de decembro, o Auditorio Municipal acollerá ás 18:30 horas o Festival de Nadal organizado pola Escola Municipal de Música.

O domingo 18, os máis pequenos poderán gozar na Biblioteca Municipal, a partir das 17 horas, da visita do Apalpador, co que o Concello de Mondariz buscar recuperar unha das tradicións máis populares da nosa terra. Amais, tamén haberá unha sesión de contacontos, que é un extraordinario xeito de introducir, aos máis cativos, no apaixonante mundo da lectura.

Doutra banda, hai dúas actividades que precisarán de inscrición previa. Duna banda o Campanadal, que se desenvolverá do xoves 22 ao 5 de xaneiro (22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro) e para o que é preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). As actividades do Campanadal desenvolveranse entre as 9 h e as 14 h no Centro Social.

Tamén precisará de inscrición previa na OMIX o Obradoiro de elaboración de xoguetes tradicionais, iniciativa que de desenvolve ao abeiro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra. As actividades deste obradoiro realizaránse do mércores 28 de decembro ao mércores 4 de xaneiro en horario de 16:30 h a 19:30 horas no Centro Social.

Deja un comentario