+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018

30 de decembro San Silvestre Solidaria Eurocidade Moncao-Salvaterra


Un ano máis a Eurocidade Salvaterra – Monçao, con motivo do Nadal, presenta súa San Silvestre Solidaria, este ano conta cunha novidade, a Mini San Silvestre para nenos e nenas ata 12 anos.

30 DE DECEMBRO SAN SILVESTRE SOLIDARIA EUROCIDADE MONÇAO – SALVATERRA, con saída de Monçao.

Ás 18.00h saída da Mini San Silvestre, para nenos ata 12 anos, que constará de 3 voltas a Praza de Deu-La-Deu. Todos os nenos e nenas que participen terán un agasallo; e as 19.00h terá lugar a saída da San Silvestre, tamén da Praça de Deu-La-Deu, con chegada a Praza do Concello de Salvaterra de Miño. Os primeiros inscritos recibirán un agasallo.

Para participar só teis que inscribirte chamando a calquera dos dous Concellos ou incribirte online en www.goo.gl/6VWEnj e entregar o día da competición algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao Banco Muncipal de Alimentos

Deja un comentario