+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

Queres reciclar mellor? Mañá visita a Aula Móbil que estará en Ribadumia


O concello de Ribadumia informa mañá día 16 de decembro, a Aula Móbil Informativa sobre Reciclaxe visitará diferentes puntos do noso Concello.

Así, pola mañá estarán cos nenos do CRA de Ribadumia, con quén farán actividades para aprender a reciclar e a reutilizar, xa que esta e outra forma de axudar a que o noso medioambiente se manteña san.
Xa pola tarde poderán achegarse ata esta Aula Informativa todos os que o desexen, xa que estará na Praza do Concello de 15:30 a 18:00 para achegar a información sobre reciclaxe a todos os que o desexen.
Animamos así a que tanto maiores como nenos se acheguen ata ela, xa que é fundamental axudar e contribuír para que o noso planeta se manteña san, xa que aseguramos o noso benestar e o dos nosos descendentes.
Unha natureza sona é ledicia e diversión!! Coidemos o medioambiente, así tamén nos coidamos nós.

Deja un comentario