+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

Programación do Nadal en Salvaterra de Miño


Este venres todos os amantes da boa música poderán desfrutar no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra de Miño do Concerto de Nadal que ofrece o Coro “Lacedurium” e a Coral Polifónicos “Penediños” de Atios, a partir das 22.00h

O sábado tócalle a A.C. Pontenova que realizará o seu Festival de Nadal, tamén na Casa de Cultura de Salvaterra, baile, gaitas e pandereteiras, unha tarde para pasar en familia

O domingo tócalle ao Teatro, neste caso ao grupo Atrezo Teatro coa obra Infantil “A verdadeira historia de carapuchiña vermella”, ás 17.00h tamén no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra

E para a semana do 19 son varios os talleres e actividades que comezan, como o campamento Infantil de Nadal, do 22 de decembro ao 4 de xaneiro para nenos e nenas de 5 a 10 anos, que terá lugar na Biblioteca Municipal. O torneo solidario das Escolas Deportivas, no Campo de Fútbol do Casal os días 22 e 23 de decembro. Ademáis tamén darán comezo o Taller Infantil de Galletas , oTaller Xuvenil de Postres Navideños e o Curso de cociña “Coas mans no pucheiro”, que se farán na Cociña do Parque Público A Canuda.

E o sábado 24 de decembro Papá Noel chegará a Salvaterra de Miño polo Río Miño ao embarcadoiro ás 16.00h e fará un percorrido polas rúas da Vila en carro de cabalos, para acabar recibindo aos máis cativos na Praza do Concello ás 17.00h.

Deja un comentario