+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

O Belén de Celado cumpre seis anos con novidades na instalación


Dentro dos seus 25 metros cadrados incorpóranse nesta ocasión novas infraestruturas que lle aportan realismo
A Asociación de Veciños Celado de Cela expón o seu tradicional Belén, que confeccionan dende 2011, para disfrute de tódolos amantes do Nadal. O Belén está integrado por pezas únicas, feitas e pintadas a man por unha parella de veciños da parroquia mosense de Cela.
As dimensións deste gran Belén son un total de 25 metros cadrados, nos que este ano incorpóranse novidades coma diferentes infraestruturas e movementos que lle aportan realismo ao nacemento.
Os interesados poden visitar o Belén de Celado ata o 9 de xaneiro no Centro Cultural en horario de 18.00 horas a 21.00 horas.

Deja un comentario