+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

Papa Noel fai un alto no camiño para visitar aos nenos de Pazos de Borbén


 

Cen alumnos do CPI Curros Enríquez entregáronlle as súas cartas e decoraron as árbores de nadal da Casa do Concello
Máis de cen escolares, de infantil e 1º e 2º de primaria, do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén recibiron esta mañá a visita anticipada de Papa Noel na Casa do Concello. Unha divertida visita na que os pequenos puideron entregarlle as cartas cos seus agasallos de nadal a cambio dun bo puñado de doces e pasar un bo intre adornando as árbores situadas na entrada do Concello.

Deja un comentario