+034 986 09 02 04 Venres 25 de Maio de 2018

O Centro de Saúde de Marín acolle a exposición ‘SanArte’, unha mostra de intervencións artísticas efémeras na que participan alumnos da facultade de belas artes


 Obras pictóricas, fotográficas e de escultura permanecerán en varias zonas deste centro de Atención Primaria ata o 13 de xaneiro de 2017

O director de Procesos de Soporte da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, Jose Andrés Seco Otero, acompañado da decana da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Silvia García González, inaugurou esta mañá unha mostra de intervencións artísticas efémeras en varias zonas do novo centro de saúde de Marín.

A exposición -que poderá visitarse ata o vindeiro 13 de xaneiro de 2017 baixo o título ‘SanArte’- é unha iniciativa artística efectuada por tres alumnos de Belas Artes de Pontevedra. Sendo éste o primeiro evento artístico no centro de Atención Primaria marinense, plasma a convivencia entre o persoal sanitario, os pacientes, os seus familiares e o s propios artistas.

‘SanArte’ é unha proposta que xa tivo como precedentes outras intervencións de alumnos no Hospital Provincial do CHOP, no marco do convenio de colaboración existente entre a EOXI de Pontevedra e O Salnés e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Os artistas desta Facultade escollidos neste proxecto son alumnos de cuarto ano ou estudando o master. Na exposición ‘SanArte’, de carácter multidisciplinar, os usuarios atoparán tanto obras pictóricas, coma fotográficas e de escultura.

Os creadores entenden o ámbito sanitario como un lugar de tránsito diario no que profesionais, pacientes e familiares, conviven nos corredores, nas esperas e nas consultas. De aí que, coas súas creacións, procuren propoñer pequenos xestos que acompañen este paso polo centro de saúde marinense.

Deja un comentario