+034 986 09 02 04 Martes 16 de Outubro de 2018

A Xunta colabora na reparación de infraestruturas danadas polas inundacións nos concellos de Crecente e Arbo


O vicepresidente, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as as obras de reparación dos danos derivados dos temporais en ambos concellos

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, nos concellos de Crecente e Arbo, as reparacións das infraestruturas danadas por mor dos temporais de chuvia de comezos de ano en ambos concellos.

Alfonso Rueda visitou no concello de Crecente, acompañado polo seu alcalde, Julio César Luengo, as zonas afectadas polas inundacións que afectaron ao sur de Galicia nos meses de xaneiro e febreiro, onde indicou a necesidade de colaborar entre as distintas administracións, neste caso para facer fronte aos danos producidos pola choiva e o desbordamentos dos ríos, e para volver a dotar aos veciños e veciñas das infraestruturas que precisan. No concello de Crecente, os proxectos a acometer son a reparación de viais por derrubamentos en Mollapán e Soutomaior, reparación dun muro en Nane e canalización nos Piñas, cun orzamento total de 89.579 euros.

Posteriormente, o titular da Vicepresidencia desprazouse ao concello de Arbo onde acompañado polo seu alcalde, Horacio Gil visitou as obras de reparación na Rúa Antonia Tovar que ten como obxecto a renovación da beirarrúa dereita da estrada, a reposición da capa de rodadura e da sinalización cun orzamento total de 201.239 euros.

Estas colaboracións enmarcase nunha liña de axudas que o Goberno galego canalizou mediante unha orde e varios convenios de colaboración. En total, 28 concellos afectados polos ditos temporais recibirán preto de 1,6 millóns de euros para a reparación e mellora das súas infraestruturas e equipamentos públicos.

A Xunta continua así potenciando e apoiando a prestación de servizos de calidade por parte dos nosos concellos e ao mantemento das infraestruturas municipais, como administración máis próxima á cidadanía, para a mellora da calidade de vida da veciñanza.

Deja un comentario