+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O Pleno mosense pídelle á Deputación a humanización e mellora da seguridade vial da Estrada Provincial Puxeiros-Mos


Úrxese humanizar catro puntos concretos de máxima prioridade, optimizar a sinalización vertical e buscar unha solución para reducir a velocidade do tráfico rodado

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou hoxe por unanimidade dos seus membros instar á Deputación de Pontevedra a que humanice a Estrada Provincial 2601 que comunica Puxeiros coa parroquia de Mos. Tamén se acordou solicitarlle á administración provincial que mellore a sinalización vertical e faga o necesario para reducir a velocidade en todo o traxecto.

A Estrada Provincial EP2601, que comunica a parroquia de Mos con Puxeiros, é moi transitada por vehículos así como a pé polos veciños e veciñas do Concello.

A existencia de beirarrúas é puntual e mínima no percorrido, e por iso considérase necesario e imprescindible que se proceda a humanizar toda a estrada. Obviamente hai que priorizar e, por iso, proponse que se comece por catro puntos, para logo facer extensiva a mellora a todo o vial.

Os puntos prioritarios a humanizar son os seguintes catro:

– Desde o enlace coa Estrada Nacional 550, ate o enlace co vial de Castro-Mos, (parte desta humanización sería aproveitada polos numerosos peregrinos que fan o Camiño de Santiago)
-Desde o alto de Barreiro ata o cruce do Bar Iglesias (unha parte deste traxecto xa está humanizada, polo que sería darlle continuidade para rematalo)
-Desde o Bar San Franco ata a entrada cara ao San Franco en Dornelas
-Desde a Policía Local ata a rotonda da antiga Estrada Nacional 120

Á humanización destes catro puntos habería ademais que sumar, como xa se dixo ao principio, a mellora da sinalización vertical e unha solución para reducir a velocidade en todo o vial.

Deja un comentario