+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

Día do usuario/a da Biblioteca


O 11 de xaneiro, é o día elexido para o recoñecemento do rapaz/rapaza máis lector/lectora entre os socios menores de idade da Biblioteca Municipal “Vidal Pazos”

Dentro do calendario do Libro e da Lectura que a Xunta programa, o ano comeza o 11 de xaneiro, que é o día do usuario/usuaria da biblioteca. Dende a Concellería de Cultura, quérese recoñecer o rapaz/rapaza “Super Lector/lectora” da nosa biblioteca, que este ano, por seren o primeiro que se vai dar, repártese entre dous irmáns, xa que tan só houbo unha diferenza dun libro entre ambos.
Como non podía ser doutro xeito, o Concello quere premialos cun cheque por valor de 25€ cada un, para que o poidan gastar en libros ou material didáctico nas librerías de Marín.
O nome dos nosos superlectores/lectoras 2016 son: Laura e Juan Reis Boullosa.
Esta tarde ás 18.00h na biblioteca, faráselles entrega dos diplomas. (enviaremos a foto tan pronto poidamos)

Deja un comentario