+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O Club Xadrez Mos organizou a terceira edición do Torneo de Nadal Sub2200


Esta agrupación deportiva é a única dedicada á disciplina do xadrez no municipio mosense

O Club Xadrez Mos, único club deste deporte no Concello de Mos, organizou a III edición do Torneo de Nadal Xadrez Mos Sub2200.

A competición incluiu un novo formato de xogo: 60 minutos máis 30 segundos de incremento por xogada, válido para Elo Fide.

O Torneo foi disputado os pasados días 7 e 8 de xaneiro no Centro Dotacional de Torroso, contando coa asistencia de 70 participantes.

Deja un comentario