+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

O Concello de Ponteareas conta xa co seu dominio .gal


Desde o día 2 de decembro o Concello de Ponteareas conta co dominio .gal e pódese acceder á web municipal no enderezo www.ponteareas.gal

O Concello de Ponteareas foi un dos primeiros concellos en solicitar o dominio no primeiro momento, poñéndose en contacto coa Asociación PuntoGal en marzo de 2014, cando se abriu o prazo para a preinscrición, solicitándose o dominio Ponteareas.gal en xullo de 2014. Recíbese resposta durante este mes pero, debido ao importe que se debía aboar, decidiuse esperar á seguinte fase onde conseguir o dominio tería un menor custo económico, sendo aprobado o dominio ponteareas.gal o día 2 de decembro de 2014, podéndose contar con este distintivo desde esta data.

Contar con este dominio é un paso importante xa que identifica a nosa lingua e cultura en internet e lle dá unha maior visibilidade aos contidos escritos en galego nesta plataforma.

Así, o Concello de Ponteareas como administración pública adhírese a este dominio coa finalidade de promover e potenciar o uso do galego na internet e identificar a cultura galega na rede.

Deja un comentario