+034 986 09 02 04 Xoves 24 de Maio de 2018

A Ruta das Tapas e Cócteles de Inverno celebrarase a terceira semana de febreiro


Os locais interesados en inscribirse deben facelo antes do venres 20 de xaneiro, e enviar o nome da tapa e/ou cóctel con data límite o luns 23
A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, reuniuse este luns coa hostalaría da vila para organizar unha ruta das tapas e cócteles de inverno para a terceira semana de febreiro (do 16 ao 19), en horario de 12.00 a 13.30 e de 20.00 a 22.00 horas, con posibilidade de horario estendido.
Así todos os bares e restaurantes que desexen participar, deben inscribirse antes do venres 20 de xaneiro, e comunicar o nome da tapa e/ou cóctel antes do luns 23 ao correo silvia@concellodebueu.org. Ademais, a fotografía da tapa e/ou cóctel para promoción debe ser enviada con data límite o 30 de xaneiro.
Tras o acordado cos representantes dalgúns locais da vila, decidiuse que a temática será libre aínda que terá como denominador común o inverno. O custe da tapa será de 2,00 euros, e o do cóctel será acordado nunha reunión cos locais participantes.
Tal e como destacou a concelleira durante a xuntanza coa hostalaría, esta ruta ten como finalidade dinamizar o tecido económico nunha época máis ben frouxa.

Deja un comentario