+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

O alcalde de Bueu visitou hoxe as obras de asfaltado do camiño da Sobreira


A obra tamén solucionará os anegamentos de fincas, mediante a instalación dunha tubaxe para pluviais
O coñecido como Camiño da Sobreira, situado entre o núcleo urbano de Beluso e A Roza, está sendo asfaltado estes días nunha actuación financiada polo Concello de Bueu e que supón o arranxo con capa de triple rego, un tratamento moi adecuado para camiños rurais semellante ao asfalto que é moi perdurable no tempo.
A actuación está valorada en 15.000 euros e está sendo realizada pola empresa Marconsa, cunha distancia de 350 metros, na que tamén se solucionará o problema das inxentes cantidades de auga que proveñen da cima da ladeira e que veñen anegando continuamente as fincas veciñais.
No lugar das obras, que se rematarán nesta semana, estiveron hoxe Félix Juncal, alcalde da vila, Fidel Castro, edil de obras e servizos, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo.

Deja un comentario