+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

Nava Castro visita as obras executadas en Poio para a mellora da accesibilidade e sinalización do Miradoiro e dos Muiños de Samieira


A actuación enmárcase na liña de subvencións dotada con máis de 1,33 millóns de euros destinada ao fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron hoxe as obras no miradoiro e nos muíños de Samieira de Poio executadas no marco da liña de subvencións dotada con máis de 1,33 millóns de euros destinada ao fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural.

A través desta liña de subvencións o concello de Poio recibiu unha achega de 24.000 euros ao ser un dos 82 concellos beneficiados por estas axudas convocadas anualmente por Turismo de Galicia.

O obxectivo é dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible de acordo cun dos principais obxectivos de Turismo de Galicia que persegue o desenvolvemento do territorio segundo os principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade.

Deste xeito, dende Turismo de Galicia apostase pola potenciación do turismo e dos seus recursos como un factor de crecemento económico e un instrumento de equilibrio territorial.

Galicia, destino accesible
Grazas a iniciativas como esta, estase a potenciar o medio rural da nosa comunidade e a consolidar Galicia como un destino turístico accesible para todos.

Así, o turismo rural rexistrou o pasado ano un importante crecemento ao superar nos once primeiros meses de 2016 a cifra de viaxeiros aloxados e as pernoitas do mesmo período do 2015 nun 8,4% e 17,1%, respectivamente.

Este segmento acadou, deste xeito, un máximo histórico de volume de viaxeiros aloxados nun ano non Xacobeo, con máis de 201.000”, sinalou Nava Castro.

Deja un comentario