+034 986 09 02 04 Martes 20 de Febreiro de 2018

O Centro Cultural de Ponte Caldelas organiza unha xornada para fomentar o “Descenso Enerxético”


A construción dunha sociedade postpetróleo, á volta aos valores e a loita contra o consumismo, enfoques para un futuro sostible

¿Estamos preparados para vivir sen petróleo?, ¿Por que esta crise non rematará nunca? Son algúns dos interrogantes que se presentarán na xornada de debate que hoxe acolle o Centro Cultural de Ponte Caldelas no marco da presentación da “Guía para o descenso enerxético”. A cita é mañá venres, a partir das 20.00 horas.
A presentación estará a cargo de Xoán Ramón Doldán e Miguel Anxo Abraira. Os relatores pretenden ofrecer un panorama da insostibilidade dunha sociedade construída ao redor da súa dependencia dos combustibles fósiles e o consumismo sen límites. Para elo utilizarán recursos gráficos e fomentarán á volta a valores tradicionais no intercambio de bens.
A xornada inclúe a celebración dun mercadiño local para o troco de produtos de primeira necesidade e de segunda man. Con elo pretenden sementar o que definen como a “revolución postpetróleo”.
Doldán e Abraira están a impulsar unha campaña por toda Galicia sobre a súa “Guía para o descenso enerxéitco”. Pertencen a un grupo de activistas sociais vinculados ao ecoloxismo e o desenvolvemento sustentable. Son os impulsores na Rede da web www.vesperadenada.org.

Deja un comentario