+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Un autobús turístico coa imaxe da Deputación promove o destino Rías Baixas en Madrid


O autobús percorrerá os puntos turísticos máis importantes de Madrid ata finais de xaneiro

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos deputados e deputadas de turismo, cooperación, emprego e mobilidade, amosou esta mañá o autobús turístico de dous andares que percorrerá os centros turísticos de Madrid coa imaxe do destino Rías Baixas.

Carmela Silva subliñou que “esta actuación promocional basease no aproveitamento das sinerxías que se xeran na capital de España neste momento, no momento da celebración de FITUR, posto que milleiros de persoas procedentes de todo o mundo se dan cita en Madrid”. Neste contexto, a Presidenta Provincial manifestou que así “conseguimos acadar máis presenza, ir máis aló da presentación de destino realizada e estar nas rúas de Madrid, para que todas e todos poidan ver a beleza de Rías Baixas”.

O autobús turístico coa imaxe da Deputación de Pontevedra percorrerá ata finais de xaneiro os principais recursos turísticos de Madrid trasladando o Camiño Portugués pola Costa ata a capital de España.

Deja un comentario