+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

Ponteareas presenta en Fitur a festa internacional do Corpus


 

Ponteareas amplía en Fitur o coñecemento da Festa das Alfombras de flores do Corpus e difunde o vídeo turístico co obxectivo atraer novos visitantes dende outros lugares. A concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, valorou positivamente a presenza en Fitur de Ponteareas e a Festa Internacional do Corpus.
“Coa presenza institucional traemos a Fitur a presentación do que é Ponteareas e o Corpus”, manifestou a concelleira de cultura e turismo, e valorou positivamente a presenza conxuntamente coas Festas de Interese Internacional de de Galicia.
Pola súa parte, o alcalde, Xosé Represas, destacou a importancia de estar presente xunto ao empresariado das casas de turismo rural que co seu esforzo adaptan a oferta turística aos cambios da sociedade actual. Represas mantivo encontros con operadores turísticos.
No vídeo promocional proxectado, destacáronse as diferentes manifestacións culturais, a paisaxe e a maior obra de arte colectiva de todo Ponteareas que é o Corpus Christi.
Represas pechou a presentación animando a visitar Ponteareas e a coñecer unha actividade única e máxica como é noite da confección das alfombras, algo que non se pode traducir en palabras e cita obrigada para levar un recordo imborrable, “Hai que vivir esa noite, a noite na que ninguén dorme en Ponteareas”

Deja un comentario