+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O campo de golf de Meis presenta unhas contas a peche de exercicio 2016 duns beneficios de case 34.000€


O presidente da fundación Monte Castrove, José Luís Pérez Estévez, comentou, que “unha vez máis triunfa a realidade cos números encima da mesa”

O presidente da Fundación Monte Castrove, José Luís Pérez Estévez, comprobou estes días que o campo de golf de Meis, non só non ten unhas contas desastrosas, senón que polo contrario as súas contas anuais barallan uns beneficios para o exercicio 2016 de mais de 30.000?, dos cales se puideron reinvestir uns 15.000? en reformar os bunkers, deixando as contas cun importe de 19.000?, en positivo.

Despois de pasar máis de 2 meses soportando as críticas sobre a xestión no campo de golf, Jose Luís Pérez , di que mereceu a pena gardar silencio, xa que hai que ser prudentes e responsables, polo que optou a esperar ao peche das contas anuais para pronunciarse e unha vez máis estas mostran a boa xestión no funcionamento da Fundación Monte Castrove, “ entendo a preocupacion que poden ter os veciños porque se administren correctamente todos os servizos, aínda que me gustaría que non se fixesen comentarios a treo sen ter o coñecemento sobre elllas, xa que no caso do campo de golf estes comentarios incertos repercuten na captación de socios nun momento moi delicado debido á crise e aos que pensaban que con eses argumentos axudaban fixeron todo o contrario”.
Gustaríame tranquilizar a todos os meus compañeiros do Padroado aos veciños e socios deste campo de Golf, que a pesar da expantosa crise que estamos a sufrir, mantéñense as instalacións arroxando beneficios e reinviertiendose parte deles no propio campo.

Espera o Presidente e Alcalde de Meis José Luís Pérez, que coa presentación pública das contas, péchese esta polémica lembrando a todos os veciños a súa enteira disposición ante calquera dúbida ou problema que poida xurdir.

Deja un comentario