+034 986 09 02 04 Xoves 24 de Maio de 2018

José Luis Pérez reúnese con Ángeles Vázquez conselleira Medio Rural


O alcalde José Luis Pérez Estévez vén de reunirse coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para abordar diversos temas relacionados co campo e o desenvolvemento rural do municipio

Así, analizaron a situación actual das cinco concentracións parcelarias que están abertas para determinar as actuacións para levar a cabo en cada unha delas ao longo deste ano 2017. Neste sentido, a conselleira adiantoulle ao rexedor que se traballará para conseguir a firmeza do acordo nos procesos de Paradela e San Salvador de Meis, mentres que nos tres restantes -Nogueira e San Martiño Armenteira (sector I e II)- procurarase solucionar as trabas administrativas que teñen actualmente.

José Luis agradece o compromiso da conselleira Ángeles Vázquez a impulsar estes procesos co fin de mellorar as vías de comunicacións e aumentar tamén a base territorial das explotacións da zona. Entre as cinco parcelarias, está a falarse dun total de 2.913,43 hectáreas pertencentes a 5.549 propietarios.

Ademais de abordar estes asuntos, o alcalde de Meis José Luis Pérez e a conselleira trataron tamén outros aspectos relacionados coa mellora das condicións de vida da poboación rural, o fomento do emprego e as posibilidades que ofrece o campo para os máis novos.

Deja un comentario