+034 986 09 02 04 Martes 24 de Novembro de 2020

O concello de Bueu realizará obras de mellora no vial de acceso ao Centro de Sáude


A concellaría de obras e servizos de Bueu, dirixida por Fidel Castro, anuncia que a partir do luns 30 de xaneiro se cortará a rúa de acceso ao Centro de Saúde dende a que se accede pola Po-551. A finalidade non é outra que comezar as obras de arranxo neste vial que se atopa en mal estado nalgúns dos tramos, e que se solucionará na mesma semana con medios propios.
Así, a rúa permanecerá pechada e o acceso para vehículos será só pola rúa A Pedra, reservándose o da estrada provincial soamente para ambulancias e emerxencias.

Deja un comentario