+034 986 09 02 04 Martes 17 de Xullo de 2018

Casa-Nova Sony Mccutchen, Xovenca Gran Campioa nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisona na feira Abanca Cimag-GandAgro


MAÑÁ DECÍDENSE AS VACAS GRAN CAMPIOAS E AS MELLORES EXPLOTACIÓNS DESTES CERTAMES

Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, de Ganadería Carro, de Mesía (A Coruña), foi a Xovenca Gran Campioa Internacional no XXXIV Open Internacional da Raza Frisona que está a ter lugar na II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal se celebra ata mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Este galardón está patrocinado pola firma de seguros Ucoga.

A Reserva Gran Campioa neste concurso foi Cudaña Amore Beemer, da gandería Dovanea, de Valdáliga (Cantabria).

En canto ao XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona, a Xovenca Gran Campioa de Galicia, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao, foi tamén Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, mentres que a Reserva Gran Campioa foi Blanco 0247 África, da gandería Blanco, de Lalín (Pontevedra).

Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, continuarán no marco da feira mañá, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos concursos.

X Concurso de Preparadores de Gando Frisón

Tamén no marco dos concursos da raza frisona, María Manteiga Rodríguez, da gandería Manteiga, de Vila de Cruces (Pontevedra) foi a campioa do X Concurso de Preparadores de Gando, o cal foi celebrado onte pola tarde na feira. O subcampión foi Ismael García Arias, de Gandería Pistulario, de A Coruña.

No concurso, patrocinado por Danone, concorreron xoves gandeiros das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra e tamén de Portugal. Os participantes dispuxeron de dúas horas (e 30 minutos máis para os rapaces de 15 anos ou menos) para pelar e preparar ao animal.

Deja un comentario