+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Corenta escolares de Soutomaior aprenden dietas saudables co Obradoiro Verdugo


Alumnos do centro público Manuel Padín Truiteiro foron os protagonistas dunha xornada formativa sobre alimentación equilibrada
40 alumnos de 9 e 10 anos de idade do CPI Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior participaron nunha xornada dedicada a promocionar hábitos alimenticios saudables titulada “Almorzos Saudables”. Unha iniciativa incluída nas actividades programadas no proxecto do taller de emprego “Hostalería Verdugo”, que leva a cabo en cásaa taller de Alxán.
A iniciativa pretende inculcar nos escolares hábitos alimenticios saudables así como ensinarlle os elementos básicos dunha dieta equilibrada, así como a súa importancia para o correcto desenvolvemento físico e mental. A xornada comezou cun pequeno saúdo por parte do director do taller e un xantar saudable composto por froita, lácteos e cereais. A continuación, os pequenos aprenderon a elaborar os seus propios bolos de pan, que puideron gozar eles mesmos unha vez enfornados. A xornada repetirase o día 31 e contará nesta ocasión cos alumnos de 4º de Primaria do colexio Santiago Apóstolo.
Esta xornada forma parte do programa de actividades que levan a cabo dentro do taller de emprego “Hostalería Verdugo” e que, ademais de dedicar xornadas formativas aos escolares, fomenta os bos hábitos alimenticios en diversos sectores da sociedade, como a terceira idade, e colabora con outras iniciativas como o comedor social que leva a cabo en coordinación con Caritas.

Deja un comentario