+034 986 09 02 04 Martes 17 de Xullo de 2018

Blanco Asia ET, Vaca Gran Campioa nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisona na feira agropecuaria Abanca Cimag-GandAgro


AS MELLORES GANDERÍAS DE NOVA PARTICIPACIÓN FORON GANDERÍA PISTULARIO (SANTA COMBA – A CORUÑA) NO CONCURSO AUTONÓMICO E SOCIEDADE AGROPECUARIA VILAS BOAS E PEREIRA (PONTE DE LIMA – PORTUGAL) NO INTERNACIONAL

A vaca Blanco Asia ET, da gandería Blanco, de Lalin (Pontevedra) acadou o premio Vaca Gran Campioa no XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona celebrado no marco da II Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal pecha hoxe as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Ademais deste título, patrocinado por Xenética Fontao, neste Concurso Autonómico outorgouse o de Reserva Gran Campioa, que foi Rey 547 Sonrrisa Sid, da SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).

En canto ao XXXIV Open Internacional da Raza Frisona, a Vaca Gran Campioa Internacional, cuxo galardón foi patrocinado por Abanca, foi tamén Blanco Asia ET. Cruce Sid Cachora Roxie ET, de Rey de Miñotelao, obtivo neste concurso internacional a Reserva Gran Campioa.

Por outra banda, o galardón de Mellor Criador tanto Internacional, patrocinado por Nual, como Autonómico, patrocinado por Xenética Fontao, recaeu na gandería Casa Pozo (Lugo), sendo subcampioa tamén en ambos concursos Rey de Miñotelo.

En canto á Mellor Gandería de Nova Participación, no concurso Autonómico o galardón recaeu na gandería Pistulario, de Santa Comba (A Coruña). No Internacional a gañadora foi Sociedade Agropecuaria Vilas Boas e Pereira, de Ponte de Lima (Portugal), mentres que o segundo posto foi para Sociedade Agrícola Balazeiro do Sobrado, de Vila do Conde (Portugal).

En canto ao mellor presentador dos animais en pista foi, en ambos concursos, o coruñés Pedro Saavedra Salvador.

En total, aos certames presentáronse 172 animais de ganderías procedentes de Galicia, Cantabria e Portugal. Organizados por la Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, foron xulgados polo suízo Markus Gerber, xuíz internacional cunha ampla experiencia en competicións de máis dunha ducia de países.
Xóvenes Manexadores

No marco de Abanca Cimag-GandAgro 2017 tambén se celebrou o XXXIII Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores de ganado frisón “Memorial Luís Louzao”, patrocinado pola firma de produtos veterinarios Silvet.

O campión foi Guillermo Orfila Camps, de 19 años, da gandería Alcaidus (Mahón, Islas Baleares), que competiu en representación da Asociación Frisona Balear, mentres que o subcampión foi Abel Carballo Penas, de 15 anos, da Gandería Adonis, de Xermade (Lugo)

No concurso participaron 19 nenos e xóvenes de entre 3 e 26 años procedentes de distintos puntos de Galicia e Portugal e tamén de Baleares e Austria, debido aos intercambios que o Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia realiza cos clubs doutras comunidades e países.

Deja un comentario